O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS baixo o lema "BiblioTEcoida"
Durante a Hora de Ler gozamos de moitas sorpresas na Biblioteca!
Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria visualizamos unha curta do conto "O incríble neno devorador de libros", escrito por Oliver Jeffers contado por antigos alumnos e alumnas e actualizada polos nenos e nenas de 6º de Primaria.
En 4º, 5º e 6º de Primaria vimos a premiada curtametraxe: "Os fantásticos libros voadores do Señor Morris Lessmore"
O cine é a sétima arte porque suma varias expresións artísticas: música, danza, artes plásticas...
Estade moi atentas e atentos haberá máis sorpresas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario