19 de feb. de 2023

Minutos musicais!

Durante esta semana de Entroido, o xoves 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía para conmemorar o seu nacemento un 23 de febreiro do ano 1837.

Rosalía de Castro é unha galega universal, precursora da poesía española moderna e do Rexurdimento da poesía galega iniciado coa publicación da súa obra Cantares Gallegos (1863).

O grupo galego De Vacas versiona unha canción de Rosalía, Malamente, co poema da nosa Rosalía.

Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabóu para min, que eras ti para min todo, miña groria e meu vivir. ¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís? Duro cravo me encravaches con ese teu maldesir, con ese teu pedir tolo que non sei qué quer de min, pois dinche canto dar puden avariciosa de ti. O meu corasón che mando cunha chave para o abrir. Nin eu teño mais que darche, nin ti máis que me pedir.




 SEMPRE ROSALÍA!


Ningún comentario: