O Día Mundial das Enfermidades Raras celébrase o último día do mes de febreiro, desde o ano 2008, por ser «un mes raro».
O obxectivo da súa conmemoración é crear conciencia e mellorar o acceso aos tratamentos xa que, ao afectar a un reducido grupo de poboación, investígase pouco, co cal o tratamento é insuficiente e non se crean unidades especializadas para atender a estes enfermos.
As enfermidades raras ou pouco frecuentes son aquelas que teñen unha
baixa prevalencia na poboación. Para ser considerada como rara, cada
enfermidade específica só pode afectar a menos de 5 de cada 10.000
habitantes. Con todo, as patoloxías pouco frecuentes afectan a un gran
número de persoas, xa que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS),
existen preto de 7000, por tanto entre o 6 e o 8% da poboación mundial
estaría afectada por estas enfermidades. Máis de tres millóns de
españois padecen este tipo de patoloxías.
Calquera persoa pode sufrir unha enfermidade rara, nalgunha etapa da vida, por tanto é importante coñecer a existencia delas e da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) para poder colaborar e contribuír a crear conciencia.
Únete ao movemento internacional das enfermidades raras!
Móstralle ao mundo o/a marabilloso/a que es!
Ningún comentario:
Publicar un comentario