Ludwig van Beethoven é considerado un dos compositores máis importantes da historia.
A vida do compositor estivo marcada pola súa xordeira. A perda auditiva foi total no seu último ano.
Os
 primeiros síntomas da súa xordeira apareceron antes de cumprir os 
trinta anos. 
A
 medida que perdía a súa audición, o compositor comezou a comunicarse 
por escrito nos seus cadernos de conversación, que levaba sempre con el.
 O museo musical Beethoven-Haus Bonn (de 
Alemaña) creou un recurso para tentar mostrar como el mesmo escoitaría a
 súa 5ª Sinfonía, unha das máis coñecidas do artista.
A
 pesar da xordeira, as súas obras son mundialmente coñecidas:
 a Sinfonía n.º 5, os últimos cuartetos de corda e sonatas para piano, a
 Misa Solemnis e a Novena Sinfonía, declarada Patrimonio da Humanidade 
pola UNESCO e convertida logo en Himno da Unión Europea.
Empezou
 a depender máis da notación, sistema de escritura utilizado para 
representar gráficamente unha peza musical, nos últimos anos. A 
composición para el consistía cada vez máis en debuxar, escribir e 
revisar en papel.
O 7 de maio de
 1824, o desaparecido teatro Kärntnertortheater de Viena acolleu a 
estrea da Novena Sinfonía de Beethoven. O músico seguiu o 
concerto coa partitura e cando concluíu Oda á alegría, parte final da 
súa composición, houbo un gran aplauso e ovación, que Beethoven non 
escoitou. Un dos intérpretes achegouse a el, tocoulle o ombreiro e 
indicoulle que se virase, e entón Beethoven deuse conta de que a súa 
Novena Sinfonía tivera un gran éxito.
Esta semana escoitaremos a  Novena Sinfonía!
 Feliz semana!
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario