Nesta semana adicada á PAZ e con motivo do "250 Aniversario do Nacemento de Beethoven" o alumnado voluntario de 6º de primaria prepararon un traballo sobre o xenial músico e compositor alemán.
Escoitade atentamente!
Beethoven compuxo a 9ª Sinfonía (1824),cando xa se atopaba completamente xordo, sendo unha das obras de música clásica máis recoñecidas da historia. Considerada un símbolo de fraternidade e igualdade , dende o ano 1985 é o Himno da Unión Europea e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 2001.
Deixámosvos un vídeo onde os nenos e nenas de 6º de primaria interpretan con metalófonos e carillóns a melodía do "Himno da Alegría" baseada no cuarto movemento da tamén coñecida como Sinfonía "Coral".
2 comentarios:
Encántame! Que ben o facedes!
Un traballo moi ben feito, encantoume.
Noraboa!!
Publicar un comentario