Hoxe, o alumnado de 6º de Primaria, realizou unha Conexión Biblioteca para dar a coñecer o libro Imagine (Ed. Flamboyant) ao alumnado do IES Illa de Ons, con motivo da celebración dos 50 anos desta canción, todo un símbolo da paz e da igualdade.
Compartimos aquí a lectura do libro polo alumnado voluntario da biblioteca escolar.
Moitísimas grazas ao IES Illa de Ons por facilitar o contacto virtual entre o alumnado!
Mil grazas aos voluntarios e voluntarias por participar nesta iniciativa!
Máis información nos blogues do IES ILLA DE ONS e de English.
1 comentario:
Parabéns pola actividade e moitas grazas aos nenos e nenas voluntarios.
Publicar un comentario