Hoxe o alumnadode
3º de primaria saíu ata a Casa do Pobo para representar ás integrantes do Taller de memoria e ás familias
"A aventura dunha pinga de auga". Adaptación a teatro do libro da editorial S.M co mesmo título, que fala da importancia da auga para o planeta.
Esta é unha das actividades coa que iniciamos as celebracións polo "Día Mundial da Auga"(22 de marzo). Día no que faremos máis fincapé por ser o tema do noso PDI. Continuaremos ao longo da semana con máis actividades, que xa vos iremos contando.
A representación foi todo un éxito!! O público aplaudiu con forza en agradecemento aos rapaces e rapazas pola boa actuación.
Como lles gustou tanto,os nenos e nenas prometeron voltar no terceiro trimestre con outra obriña que teñen preparada.
Remataron a saída entrevistando á señora Pura para unha noticia de "Faro da Escola".
Un verdadeiro placer !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario