Na entrada do colexio, diante da exposición de botellas de auga que moitos nenos e nenas trouxeron, ao longo da semana, con augas de distintos lugares da contorna: auga da praia de Bon,da praia de Ancoradouro, auga do río Bispo, do lavadoiro de Ouril, da Fonte Nova, do lavadoiro de Laxes, da chuvia... lemos un DECÁLOGO DE BO USO DA AUGA , pegámolo no taboeiro e rematamos cantando (3º e 4º de primaria) a canción "Agua es".
A exposición quedará ata a volta das vacacións, despois devolveremos a auga aos seus lugares e reciclaremos as botellas de plástico no contedor amarelo e os tapóns os botaremos no contedor de recollida que temos no colexio para donar a distintas causas solidarias.
"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo"
(Eduardo Galeano).
COIDEMOS A AUGA!! PON A TÚA PINGA !!
MÓLLATE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario