Hoxe foron os nenos e nenas de 4º,5º e 6º de primaria os encargados de recitar poemas nos que a auga forma parte dos seus versos.
Comenzaron os de 5º de Primaria coas cantigas do Pergamiño Vindel, despois de explicarnos que era un pergamino, falarnos da época medieval, e, como non, do Pergamiño Vindel, que tiveron ocasión de ver na exposición do Museo de Mar de Vigo durante unha saída que fixeron no primeiro trimestre.
Despois tocoulle a quenda ao alumnado de 4º de primaria,que por grupos, recitaron poemas de Ana Mª Fernández e Antonio García Teijeiro,
Remataron catro alumnos "Voluntarios" de 6º de primaria con poemas de Antonio García Teijeiro e de Paula Carvalleira.
Finalizamos a actividade cunha cortametraxe baseada no conto "O home de auga" da editorial Kalandraka. Libro que temos na biblioteca e que recomendamos a súa lectura. Mañán é o ´"Día Mundial da Auga" e teremos máis celebracións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario