A vacaloura, tamén chamada escornabois (Lucanus cervus) é un insecto, un dos escaravellos de maior tamaño de Europa. Pertence á Familia Lucanidae, que na Península Ibérica consta de 9 especies. En Galicia temos 5, onde esta especie é a máis espectacular.
As vacalouras macho válense das súas mandíbulas para loitar entre elas na procura das femias. As femias, pola súa banda, teñen unhas mandíbulas moito máis curtas, polo que é sinxelo diferenciar esta especie en canto ao sexo.
Nos ecosistemas galegos, a vacaloura xoga un papel moi importante para contribuír ao enriquecemento do solo dos bosques e á rexeneración e formación do humus, tanto por medio da súa alimentación como grazas aos seus detritos.
Aliméntase de madeira descomposta de grandes árbores caducifolias (sobre todo carballos e castiñeiros) e serve de alimento a especies como as aves nocturnas, os petos carpinteiros, ourizos, teixugos ou raposos.
Coidemos a Natureza!
Que preciosidade!
1 comentario:
Que fermoso presaxio!
Publicar un comentario