Os premios Sofía Novoa, da Deputación de Pontevedra, premiaron, na modalidade de Traballos Fin de Máster a Raquel Álvarez Martínez, por "Mulleres, Arte e Literatura: 3 vértices posibles dunha intervención didáctica promotora do desenvolvemento sostible na Educación Infantil". Investigación que relaciona a metodoloxía STEAM coa sostibilidade, o medio ambiente e a igualdade de xénero.
O noso alumnado de Infantil foi protagonista das actividades deste proxecto!
Tivemos a oportunidade de gozar con libros, científicos e literarios, relacionados cos diferentes campos e entrevistar a cinco científicas:
Susana Bastón, oceanógrafa, veciña de Bueu con raíces en Beluso.
Carla González, técnica forestal e educadora ambiental.
Nuria Vázquez, graduada en Ciencias Ambientais.
Isabel Roa, bióloga do GIA (Grupo Ibérico de Anelamento).
Sara Barrientos, doutora e investigadora en Bioloxía Mariña.
Mil parabéns polo premio e pola pasión posta no traballo ben feito e a túa dedicación e compromiso!👏👏👏
Raquel, Kelly, é unha gran contadora de historias e amante dos libros, aquí podedes ver algunhas das súas representacións na nosa biblioteca.
Grazas por compartir con todos e todas nós o teu amor polos libros e a lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario