28 de dec. de 2023

Festival de Nadal 2023

O xoves 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal con panxoliñas, espectáculo de luz, representacións teatrais, bailes, humor...

Parabéns a todas e todos os artistas protagonistas do Festival de Nadal 2023!

A continuación, toda a comunidade educativa escoitamos as badaladas no pavillón, desexándonos un Feliz ano 2024! 

Grazas á colaboración da ANPA Cabo Udra visitáronnos os Reis Magos de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar cos seus respectivos paxes, para recoller as nosas cartas e facernos entrega dun fermoso agasallo.

Gozamos dunha fermosa xornada previa ás vacacións!

BO NADAL E FELIZ ANO 2024!

Ningún comentario: