Iniciamos esta curta semana recordando que o 3 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade.
Cada persoa ten as súas capacidades e os seus talentos. Somos diferentes. Somos especiais!
Esperámoste na biblioteca con diferentes propostas para ver o mundo con outros anteollos!
El Langui creou o tema #NoHayLímites inspirándose no Manifesto da Fundación Adecco, unha declaración de principios e actitudes baseados no respecto e o valor da diversidade como principais bandeiras para alcanzar a normalización e inclusión social das persoas con discapacidade. Para facer o videoclip, El Langui contou coa participación de Pablo Pineda, primeiro universitario europeo con síndrome de Down; Raquel Domínguez, deportista con discapacidade e Joan Pahísa, Diplomado e Doutorando en Enxeñería Informática, escritor e deportista de talla baixa.
“Ponte no lugar do outro e mírao de fronte, á mesma altura, sen cualificativos nin etiquetas”.
"Valente ante a inxustiza!"
Feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario