O luns 27 e o martes 28, todo o alumnado de Infantil e Primaria, tivemos a sorte de realizar obradoiros de iniciación á electrónica e a programación.
Construimos unha postal luminosa, cosemos un boneco e-téxtil, actividades con Scratch e coa placa Makey Makey. Desenvolvemos destrezas manipulativas como coser, debuxar, cortar, pegar da man de Paola Guimerans.
Paola Guimeráns é experta no campo dos e-téxtiles aplicados á educación. Licenciada en Belas Artes, cursou estudos de MFA Design and Technology no Parsons School of Design, Nova York, e traballou no NY Fashion Technology Lab. É Doutora pola Universidade Complutense de Madrid. O seu traballo propón novos métodos de ensino desde un enfoque multidisciplinar e desde as oportunidades artísticas emerxentes, ambos os ligados ao campo dos vestibles, e os e-téxtiles, nun marco cultural participativo e colaborativo propio da era dixital. É autora da plataforma de recursos PrototipadoLAB e fundadora da iniciativa Aula STEAM.
Ningún comentario:
Publicar un comentario