17 de dec. de 2023

Invitación Club de Lectura


O equipo de Biblioteca está a organizar para este curso o “CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS”.

É unha oportunidade para crear momentos especiais arredor da lectura, compartir tempo e opinións,  

Todas as persoas da comunidade estades convidadas a participar.

Temos previstas xuntanzas periódicas a partir do mes de xaneiro, probablemente os martes en horario de 18,15 a 19,30h. aproximadamente, na biblioteca do colexio.

Se estades interesadas en participar no club, agradecémosvos que cumprimentedes o formulario online https://forms.gle/TkBnn6oQYCC5ajmT9 poñerémonos en contacto convosco. A data límite para inscribirse será o 20 de decembro.

A primeira lectura será “Los ingratos” de Pedro Simón.

Se tes algunha dúbida podes escribir ao correo biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Esperámoste!

 

Ningún comentario: