28 de feb. de 2025

ENTROIDO 2025

 

Realizamos as seguintes actividades polo Entroido:

  •  Decoración entrada con Belusiña para colocar os mandados.
  • Os mandados: o alumnado viu disfrazado cunha prenda diferente cada día, que tiñan que ver cada día nos mandados de Belusiña da entrada do centro.
  • Desfile pola rúa por comparsas e elaboración de disfraces relacionados co PDI.
  • Elaboración das coplas e actuación das comparsas na nosa lingua: cada nivel escolleu unha canción, cambiou a letra e cantouna para a comunidade educativa despois do desfile. O alumnado de sexto interpretou a máis un recital rítmico con ritmos propios do entroido.
  •  Elaboración dos libros das coplas: elaboráronse libros das coplas coas letras das cancións.
  • Merendas tradicionais.
  • Pasarrúas por Beluso
  • Interpretación das cantigas para as familias.

















24 de feb. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 


    Que non pare a festa no Entroido con este tema que recolle as personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo co propósito de organizar unha boa festa.

17 de feb. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 


De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como CarballoSantiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricoslatinoamericanos ou magrebís.


10 de feb. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 




Vouche dicir "Catro cousas" co tema de Caamaño e Ameixeiras e Rodrigo Cuevas.






3 de feb. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 Esta semana imos desfrutar dunha viaxe por Porto da man de Monoulious Dop  e o seu tema "Oporto vice"

21 DÍAS EN GALEGO

 

Esta actividade, aínda que é a primeira vez que a imos levar a cabo no noso centro, xa se ven desenvolvendo dende o ano 2013. A idea partiu do IES da Pobra do Caramiñal e fóronse unindo a este programa s centros do Morrazo e Galicia ao longo destes anos.

Do luns 03 ao domingo 23 de febreiro, este centro botará a andar o programa de 21 DÍAS EN GALEGO, no que pretendemos que a nosa Comunidade Educativa se comunique, dentro e fóra do centro, as 24 horas do día en galego.

Para conseguir este obxectivo escribimos cartas ás familias, informamos ao alumnado´e asinaron un papel de compromiso voluntario, creamos un pasaporte 21 Días en Galego no que cada día que cumprían o compromiso conseguían un selo dun lugar do mundo e os que conseguiron os 21 selos puideron asistir a unha sesión de cine en galego coa película de Pé Feliz do Xabarín club e no que puideron degustar zumes, auga e flocos de millo.










(Podes premer na imaxe e ver a película)