29 de set. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 





 

A canción Virxe do Portovello é unha proposta musical que mestura tradición, emoción e identidade galega. Interpretada por Rozalén e as  Tanxugueiras, a peza bebe das raíces da música popular galega e das cantigas tradicionais ligadas á espiritualidade e á cultura do mar.

A colaboración achega unha forza especial ao tema: mentres Rozalén aporta unha interpretación íntima e emotiva, Tanxugueiras engaden a súa característica potencia vocal e o seu estilo inspirado nas pandeireteiras tradicionais. O resultado é unha canción que conecta pasado e presente, poñendo en valor a cultura galega cun son contemporáneo.











26 de set. de 2025

CLUB DOS BRAVEIROS E RECRÉATE EN GALEGO

 

Comezamos este último venres do mes a actividade "Recréate en Galego" e volveremos a facela todos os últimos venres de cada mes. A ídea desta actividade vai  encamiñada a recuperar o alumnado galego falante e animar ao resto do alumnado a falar en galego. Realizamos as seguintes actividades:

   Creamos un club co nome “Os Braveiros”.  Puxemos carteis polo cole informando do club, informamos polos distintos cursos de primaria da creación do club e a súa finalidade é  empregar o galego como lingua vehicular na actividade “Recréate en galego”  e o alumnado anotouse de forma voluntaria.





   “Recréate en galego”: Realizaremos o último venres de cada mes un recreo onde os membros do club empregaban como  lingua vehicular o galego. A intención é que o alumnado vaia tomando conciencia de que é capaz de falar en galego e que eles mesmos vaian empregando o galego como lingua vehicular de forma natural máis tempo.

22 de set. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




“Voltarei” é a canción oficial que celebra o regreso do Celta a Europa. Un himno que conecta a historia do club coa de milleiros de galegos e galegas que, nos anos 50 e 60, emigraron a países como Suíza ou Alemaña na procura dun futuro mellor.

Nesta colaboración, Hard GZ rende homenaxe a esa memoria colectiva e ao orgullo de Galicia, unindo música urbana, raíces tradicionais e a paixón do celtismo nun mesmo latexar. 

O título “Voltarei” simboliza a promesa de volver: a dos emigrantes que soñaban con regresar á casa, a do club que volve a Europa, e a dunha afección que nunca abandona ao seu equipo.














15 de set. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




A canción “Pobo de Artistas” de Dakidarría é un tema que fala da unión entre artistas e da importancia da cultura e da música en Galicia. Nesta canción participan moitos músicos e grupos galegos, creando unha obra colectiva que mostra a forza e a diversidade da escena musical do país.










9 de set. de 2025

ACTIVIDADE COMEZO CURSO RELACIONADO CO PEI

 

O primeiro día de clase  Belusiña, mascota do centro, escribiu unha carta dando a benvida aos Beluseiros e Beluseiras e presentou  o PEI co centro ”Belusiña, detective no centro”.  Belusiña propúxolle ao alumnado viaxar ao longo do tempo, realizando unha serie de retos de investigación sobre o presente, pasado e futuro de diversas temática, cada nivel ou ciclo escollería  a súa ao longo do curso. Como actividade de comezo de curso, na que participou todo o centro, realizamos unha actividade  para introducir o PEI. No patio o alumnado tivo  realizar tres debuxos no que plasmaran cal foi o seu mellor momento no verán (pasado), cal é o seu mellor momento no día de hoxe (presente) e que cal pensa el que será o seu mellor momento neste curso que acabamos de empezar. Posteriormente o alumnado pegou o seu debuxo en tres murais diferentes, o do pasado, o do presente e o do futuro no corredor da entrada ao centro.

 

 




 


8 de set. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




Comezamos o curso con "Somos os mellores" de Monoulious DOP. Monoulious DOP é un grupo de música galego, formado por Ula e Mon en 2012, coñecido polo seu estilo irreverente que mestura rock, humor e retranca. Nados en Noia, comezaron como un proxecto exclusivo para internet, creando videoclips paródicos que evolucionaron cara a unha banda de directo enfocada na festa e a enerxía.