24 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




A colaboración entre Arrhythmia e Rebelión do Inframundo trae o single “Insaciable”, mergullando o oínte nunha atmosfera escura e in tensa. Con beats marcantes e letras que exploran desexos e conflitos internos, a pista combina a enerxía do trap con elementos máis melódicos, creando unha experiencia auditiva envolvente e visceral. O tema central da canción, a busca incesante por algo que nunca se sacia, reflicte a dualidade entre o pracer e o baleiro, característica do estilo de ambos artistas. 

17 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns- rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicio nal. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en ál bum), e dá os seus primeiros concertos. A formación inicial estaba composta por Arturo Fernández, Xabier Do mínguez "Morta", Pablo Rodríguez, Roberto Reboiro,Anxo Fernández e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.

12 de nov. de 2025

O MAGOSTO

 

O martes 12 de novembro celebramos o Magosto  con xogos e castañas.

Participou con nós na elaboración de xogos a Asociación Corredoiras. Estiveron moi divertidos e moi ben explicados polos usuarios e usuarias polos membros de Corredoiras.

Os equipos estaban formados por nenas e nenos de diferentes idades que ían rotando polas diferentes estacións. Rematamos cunha castañada moi ben asada por membros da ANPA.





































10 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



 

Coa “Canción do Magosto” do proxecto 13 Lúas imos acompañar a semana que imos celebrar o magosto,  a festa do outono na que nos xuntamos para recoller e comer castañas, cantar e divertirse. A letra desta canción describe situacións sinxelas e alegres relacionadas coas castañas, o monte e a convivencia entre amigos e familia.


3 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAS

 




 Xel Prada é un cantautor galego que destaca pola súa sensibilidade musical e polo uso da lingua galega nas súas cancións. No seu tema “Primeiro escoitar”, Xel Prada transmite unha mensaxe clara: antes de falar ou xulgar, é importante escoitar ás persoas e comprender o que senten.

A canción invita á reflexión sobre a importancia da empatía, do diálogo e do respecto nas relacións humanas. Cun estilo íntimo e emotivo, Xel Prada utiliza a música para lembrar que escoitar é o primeiro paso para entender aos demais e convivir mellor.