28 de feb. de 2020

RECITANDO A ROSALÍA!

Este venres 28 gozamos dun marabilloso acto poético: "RECITANDO A ROSALÍA" no parque Novas coa colaboración de diferentes personalidades do noso concello: alcalde, concelleiro, presidente da Fundación Novas, representantes de diferentes negocios locais, de asociacións, nais, alumnado voluntario de 6º... e o magnífico acompañamento musical de seis integrantes da Banda de Gaitas Manxadoira (Román, pai dun alumno, Antonio Solla, Julio, Florencio, Merchi, ex-alumna, e Lupe).
Recitaron e incluso cantaron poemas da nosa benquerida poeta.
Agasallamos aos participantes cunha flor e un marcapáxinas en forma de estrela cun poema, para recordar que a  HD 149143 leva o nome de Rosalía de Castro.




Máis fotos e información na páxina do concello de Bueu e no xornal Faro de Vigo.

Nas diferentes titorías recitamos e ilustramos poemas de Rosalía que están expostos nun lugar visible cara á Casa do Pobo e tamén en diferentes ubicacións de Beluso. Localízaos e envía a túa foto ao correo da biblioteca: biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com


O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS E TODAS
 POR PARTICIPAR E ASISTIR A ESTE RECITAL!

Ningún comentario: