8 de maio de 2024

Premio Princesa de Asturias 2024

Este ano 2024 o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades é para MARJANE SATRAPI.

Marjane Satrapi é, segundo os especialistas, un dos nomes máis destacados do cómic internacional, autora da que é, para moitos, unha das mellores novelas gráficas xamais publicada: Persépolis (2000), un relato autobiográfico que narra a súa infancia e adolescencia en Irán. Excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica Persépole converteuse nun cómic de referencia.

Está escrita e ilustrada en branco e negro.

Foi traducida ao galego por Eva Carrión e publicada no 2011 por Rinoceronte Editora.













Ningún comentario: