O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, participa no programa “Ler conta moito” co que se dinamizará a lectura a través de actividades variadas e atraíntes para a cidadanía, e que ten lugar coincidindo coa efeméride do Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril.
O programa, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, estenderase durante tres días deste mes en diversos espazos municipais das tres parroquias.
O 18 de abril, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal de Beluso. Inma Soto trae “Xela, a superheroína de aldea”, unha proposta para nenos e nenas de 4 a 9 anos sobre a nosa natureza, que pon en valor os recursos que temos e busca que as persoas miúdas queiran coidar do territorio.
Carmen García, concelleira de cultura, mocidade e bibliotecas, salienta que “estas actividades buscan dinamizar as bibliotecas como lugares de encontro, ao tempo que se achegan ás novas xeracións”.
A idea da concellaría é continuar con este programa no mes de xuño a través dunha nova rolda de propostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario