"A primeira estrela que saia" é un single moi especial da banda Dakidarría. Foi compuesto polo vocalista Gabriel Reigosa (Gabri) como unha emotiva cancnión de berce dedicada a su filla Sara.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
"A primeira estrela que saia" é un single moi especial da banda Dakidarría. Foi compuesto polo vocalista Gabriel Reigosa (Gabri) como unha emotiva cancnión de berce dedicada a su filla Sara.
Para rematar a Semana das Letras galegas celebramos por sexto ano consecutivo o Día da Muiñeira.
Bailamos todos e todas xuntos a "Muiñeira de Lugo" no patio de Primaria.
A palabra muiñeira, procede de muíño, lugar onde as persoas se xuntaban para moer os grans de trigo, millo, cebada... e como había que esperar... bailábase, cantábase, tocábase algún instrumento.
O Día das Letras Galegas celébrase cada 17 de maio para homenaxear a lingua e a literatura de Galicia.
Esta festa cultural lembra cada ano unha autora ou autor que destacou pola súa contribución ao galego.
Nas escolas e vilas organízanse recitais, concertos e actividades para achegar a nosa cultura á mocidade.
A música tamén forma parte desta celebración, transmitindo orgullo e identidade a través das cancións.
Un exemplo é “Himno das Letras Galegas”, de Marina Sánchez, unha peza emotiva que honra a forza da nosa lingua.
Con ela, as Letras Galegas convértense nun símbolo de unión, memoria e amor pola cultura galega.
CORRELINGUA DO MORRAZO 2026
Xoves, 7 de maio. Moaña
● 9:45-10:00: chegada do autobús
● 10:20 h: saída da marcha (zona da Xunqueira)
● 10:55h: comeza a chegada. Merenda (caixa de música)
● 11:00: Despedida dos centros (Fran Rei)
● 11:20 h.: lectura do manifesto (IES de Moaña*)
● 11:40 h: Actuación de Mekanika Rolling Band
● 12:30h: despedida de Correlingua
● 12:40-13:15 h: saída de dous autobuses
FOTOS DO CORRELINGUA 2026
Os maios son unha festa tradicional galega que celebra a chegada da primavera con flores, música e coplas populares. En moitas vilas e cidades de Galicia créanse figuras feitas con plantas, fiúnchos e froitas para adornar as rúas. A música acompaña esta celebración con cantigas satíricas e alegres que falan da vida cotiá e das costumes do pobo.
A canción Os Maios do grupo Habelas Hainas recupera o espírito popular desta tradición galega.Esta festa segue viva grazas ás persoas que manteñen as tradicións e transmiten a cultura galega ás novas xeracións.