Rematamos as actividades en torno ao Día da muller co visionado de dúas películas :BRAVE (Infantil,1º,2º e 3º de primaria) e BILLY ELLIOT (4º,5º,6º de primaria).
Ao rematar,nas titorías fixeron unha posta en común sobre a igualdade,unha tarefa na que aínda hai moito que andar!
Dúas películas que temos na biblioteca e que recomendamos a tod@s!!!!
Vémonos á volta das vacacións,disfrutade!!
18 de mar. de 2016
13 de mar. de 2016
SEMANA DA PRENSA
Os nenos e nenas de 5º de Infantil estiveron a traballar ao longo da Semana da prensa sobre "noticias de bichiños". Aquí vos deixamos o seu traballo.
Insectos from edinfantil
9 de mar. de 2016
"MULLERES APICULTORAS"
Continuamos coas actividades dentro da "Semana da Muller" .
Nesta ocasión , en relación co Proxecto deste ano "Bichiños", contamos coa presencia de tres mulleres apicultoras que nos ofreceron unha charla sobre este insecto tan apaixoante: a súa vida, a organización dentro das colmeas, os tipos de abellas, os inimigos (entre eles a vespa velutina)... e da APICULTURA unha profesión tamén de mulleres!
APRENDEMOS MOITO, MOITÍSIMAS GRACIAS POR ESTA CHARLA TAN INTERESANTE!!
Nesta ocasión , en relación co Proxecto deste ano "Bichiños", contamos coa presencia de tres mulleres apicultoras que nos ofreceron unha charla sobre este insecto tan apaixoante: a súa vida, a organización dentro das colmeas, os tipos de abellas, os inimigos (entre eles a vespa velutina)... e da APICULTURA unha profesión tamén de mulleres!
8 de mar. de 2016
"DÍA DA MULLER"
Hoxe foi un día cheo de actividades :
-Saída a Bueu do "Voluntariado lector"(6º de primaria) para realizar dúas actividades: contacontos no colexio Virxe Milagrosa e recital de poemas e cancions de Rosalía no Centro de Día "Anduriña".
-Visita ao Museo Massó (6º de primaria) onde lle falaron da industria conserveira e o traballo da muller nela.
-Asistencia ao acto conmemorativo do "Día da muller"no Centro Social de Bueu (4º,5º e 6º de primaria) e recollida de premios do concurso de carteis que todos os anos convova o CIM.
Nesta ocasión, Gisela,alumna de 6º curso , recibiu unha "Mención especial" polo seu cartel.
-Exposición, na biblioteca, para o alumnado de Infantil,1º, 2º e 3º de primaria do traballo feito polos nenos e nenas de 5º de Infantil sobre "A primeira muller entomóloga".
Continuaremos informando !!!
4 de mar. de 2016
DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA!
Ao longo da vindeira semana (7-11 de marzo) as actividades xirarán en torno ao "Día da muller":Voluntariado lector fóra e dentro do centro, traballos de investigación sobre mulleres destacadas na historia, charla de "mulleres apicultoras", exposicións de traballos ...
Ademais, para aunar o "Día da muller" e a "Semana da prensa" propoñemos traballar o artigo publicado no suplemento "La voz de la escuela" do mércores 2-03-2016 que leva por título
"A PEGADA DAS MULLERES".
http://www.prensaescuela.es/images/suplementos/cursos-2015-2016/SVE302032016.pdf#page=6
Unha semana moi intensa da que vos iremos dando conta!

1 de mar. de 2016
CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS!
Hoxe o alumnado de Infantil e 1º de primaria poideron escoitar historias da man de Raquel Queizás!
Raquel mergullóunos nun mundo de aventuras a través dos contos da colección "Cuentos para sentir" da editorial S.M:"El oso enfadoso", "Aventuras de una gota de agua"e "Un jarrón de la china".
Unha colección, para nenos e nenas a partir de tres anos, sobre as emocións que recomendamos.

GUSTÓUNOS MOITO!!! GRAZAS!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)