Hoxe foi un día cheo de actividades :
-Saída a Bueu do "Voluntariado lector"(6º de primaria) para realizar dúas actividades: contacontos no colexio Virxe Milagrosa e recital de poemas e cancions de Rosalía no Centro de Día "Anduriña".
-Visita ao Museo Massó (6º de primaria) onde lle falaron da industria conserveira e o traballo da muller nela.
-Asistencia ao acto conmemorativo do "Día da muller"no Centro Social de Bueu (4º,5º e 6º de primaria) e recollida de premios do concurso de carteis que todos os anos convova o CIM.
Nesta ocasión, Gisela,alumna de 6º curso , recibiu unha "Mención especial" polo seu cartel.
-Exposición, na biblioteca, para o alumnado de Infantil,1º, 2º e 3º de primaria do traballo feito polos nenos e nenas de 5º de Infantil sobre "A primeira muller entomóloga".
Continuaremos informando !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario