Hoxe pechamos a biblioteca do cole para o préstamo e durante os recreos, xa que, precisamos facer reconto de fondos, actualizar datos e reorganizar os andeis.
Volverá a estar aberta para o
préstamo de verán, na semana do
12 ao 18 de xuño, nas horas de titoría e durante os recreos.
A despedida foi por todo o alto!
A primeira hora da mañán, o alumnado de infantil,1º e 2º de primaria disfrutaron das historias que dúas nais nos contaron, acompañadas polos seus fillos e fillas.
Comenzou a nai de Iria, de 4º de Infantil, con : "
Pato está sucio", "Un máis" e "A qué sabe a lúa?
Despois continuou a mamá de Brais e Zaida (4º de infantil) cun conto que viña acompañado dunha canción en inglés moi chula que todos e todas cantamos: "
Pete el gato. I love my white shoes".
Rematamos a xornada cunha lectura , por parte da profe Sole, para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria de
"Mi primer Principito", pois hoxe desmontamos a exposición que tivemos ao longo de todo este mes
"75 anos de O Principiño".
GRAZAS A TODOS E TODAS !!!