Ademais das integrantes do Taller de memoria, invitaron ás familias e ao alcade de Bueu, que se achegou xunto coa concelleira de educación. A obra foi do agrado de todos e todas, sendo correspondida con un forte aplauso. Uns verdadeiros artistas!!!
Rematamos o acto repartindo a todos os asistentes o noso "Faro da Escola", no que aparecen entrevistados o Alcalde( ao que lle pedimos o banco-mirador para Cabo Udra) e Pura (Taller de memoria).
O Alcalde aproveitou para invitarnos á inaguración do banco, que terá lugar o póximo domingo, día que se celebra o CROSS Cabo Udra no que participará moito alumnado e mestres do colexio.
GRAZAS A TODOS E TODAS POR ACOMPAÑARNOS E COMPARTIR MOMENTOS TAN FELICES !!
UN VERDADEIRO PLACER!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario