Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e moitas ganas de aprender cun obxectivo claro SER MELLORES PERSOAS, COIDAR O NOSO PLANETA E FOMENTAR O DIÁLOGO.
O Proxecto Documental parte dos
Obxectivos de
Desenvolvemento
Sostíbel (
ODS) creados polas
Nacións Unidas.
Son un total de
17 obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro incluídos na
Axenda 2030 que é un plan global para a erradicación da pobreza, loita contra o cambio climático, o dereito a educación, igualdade, defensa do medio ambiente, prosperidade, paz universal.
Entre todas e todos crearemos un mundo mellor e unha sociedade máis xusta por eso
o título do proxecto deste curso é:
SOStibilidade!
"Moita xente pequena,
en lugares pequenos,
facendo cousas pequenas,
poden cambiar o mundo".
Eduardo Galeano (Xornalista e escritor uruguaio 1940-2015)