24 de mar. de 2020

"CONTOS CONTADOS" Editorial KALANDRAKA

Desde a Editorial Kalandraka chegounos unha invitación para acceder á sección da súa canle "Contos Contados" onde diariamente publicarán contos editados por eles ao longo destes anos: "A cebra Camila", "O coelliño branco", "Versos e viceversos", "Unha última carta"... contados por diferentes persoas.

Podedes comprobar que todos e todas formamos parte dunha cadea humana que ama os libros e a lectura.

Aproveita e goza coa lectura!

Aproveita e escribe un diario, unha carta, os teus pensamentos, os teus desexos...!


Seguro que te sentirás mellor!

Ningún comentario: