E hoxe tamén está con nós... Miguel Ángel Alonso Diz co seu libro Música no faiado. É un libro de lectura recomendada para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Tiñamos previsto que Miguel Ángel viñera ao cole para estar con nós na biblioteca e, por se ao final non pode ser, invitámolo a ler no blog da biblio para nós. Nenas e nenos de 5º e 6º, ide a présa a polos vosos libros Música no faiado para seguir a lectura con Miguel Ángel!
Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura.
Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Agardamos as vosas lecturas!
6 comentarios:
Moitísimas grazas Iria pola túa bonita lectura que nos leva a soñar con volver a estar todos coas nosas amigas e amigos. Segue lendo e compartindo porque seguro que se nos ocorre A MELLOR IDEA DO MUNDO!
Aínda que hoxe a mellor idea do mundo é quedar na casa.
Miguel Ángel, sempre agradecidos por ler para a nosa comunidade e polo cariño mostrado con Belusiña diante.
Moitas grazas por ler en voz alta para todos.
Teño curiosidade por saber como seguen esas historias así que animarvos a continuar estarei atento.
Iría, moitas grazas!
Miguel Ángel, grazas por participar deste xeito fomentando asi o interese dos nenxs por seguir lendo!
Iria, grazas por lernos, agardo que podamos voltar pronto a vernos polo cole.
Miguel Ángel, grazas por motivar ao alumnado a ler Música no faiado nestes días na casa, xa que moito do noso alumnado maior ten o libro e lerano nestes días.
Iria, graciñas pola túa lectura. Eu tamén penso que a mellor idea do mundo é facer unha festa rodeada dos amigos.
Miguel Ángel, grazas por esa "música" tan especial e por lernos acompañados de Belusiña.
Grazas a vós por tan fermosa iniciativa.
Bicos a todas!!
Publicar un comentario