25 de mar. de 2020

SON DE PAXAROS

Nestes días de confinamento, observando polas fiestras, podemos ver que a primavera xa está aquí.
Escoitando as vosas lecturas de cando en vez trina algún paxariño, para gozar co seu cantar, toca a cada ave e a escoitarás.
Algúns deles conviven con nós, outros non porque son paxaros de río:



Esta páxina é do Museo Industrial do Ter ou MIT en Manlleu (Osona, comarca de Cataluña). Ten a súa sede nunha antiga fábrica de fiado. Organiza exposicións temporais e actividades diversas para dar a coñecer a zona e a biodiversidade do río Ter e os ríos mediterráneos en xeral.




3 comentarios:

Anónimo dixo...

Paréceme moi interesante que intentemos poñerlle a cada paxaro o seu nome. Grazas!!!

Anónimo dixo...

Recurso interesantísimo!

Vanessa dixo...

Que chulada a páxina dos paxaros! Cando vin a páxina dos peixes cliquei no primeiro peixe e non fixo "glub, glub" :(