Co gallo do 2 de maio, Día Internacional contra o Acoso Escolar, diversos representantes de cada curso reuníronse, na biblioteca, para realizar un círculo de diálogo coa mediación do Departamento de Orientación.
Nesta dinámica, que ten por obxectivo pór en valor a comunicación, a escoita e o afianzamento dos lazos de amizade entre todo o alumnado, falouse das actividades que cada un dos cursos fixera en relación co Día internacional contra o acoso.
Despois disto, o alumnado expuxo as conclusións ás que chegaran en cada unha das súas aulas, facendo especial fincapé na proposta de diferentes solucións dirixidas a previr e solucionar a aparición de casos de acoso escolar no noso centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario