11 de maio de 2023

Creamos con... Pablo Otero

Esta mañá visitou a nosa biblioteca, Pablo Otero, artista plástico e ilustrador. 

Os seus debuxos, pinturas e esculturas expóñense por toda Galicia.

Recibiu o Premio Isaac Díaz Prado de ilustración por "Contos por teléfono" (libro que está esperándote na nosa biblio). Ilustrou o libro de poemas "Cidades" de Fran Alonso; "Rato Pincho" de Gloria Sánchez; "Deseñadora de hora en hora" de Xoán Babarro. Escribiu e ilustrou obras propias: "Parece unha formiga", entre outras obras.

Xogamos e creamos coas letras, coas palabras como materiais plásticos que teñen formas que evolucionan.

Creamos ideogramas, representación gráfica dunha idea ou concepto. Unha palabra que podemos debuxar ou un debuxo que podemos ler.

A biblioteca convertiuse nun fervedoiro de imaxinación e creatividade!





 

 Grazas Pablo por visitar a nosa biblioteca!


Ningún comentario: