2 de maio de 2023

Belutecas: os libros saen ao patio

Abril é o mes dos libros. Por ese motivo temos programadas diversas actividades onde os protagonistas son os libros: As familias contan, Acompañamentos lectores, representación teatrais, contacontos, unha nova sección: a Bibliofamilias...das que vos iremos informando.

Retomamos a actividade de AS BELUTECAS, unhas maletas cargadas de libros que os voluntarios lectores se encargan de levar aos patios durante o recreo, para gozar coa lectura ao aire libre.


 Grazas ás voluntarias de 6º de Primaria Cris, Nerea e Sara pola creación do vídeo.

Ningún comentario: