7 de maio de 2023

Minutos Musicais!

O 9 de maio conmemórase o Día de Europa. Neste día celebramos a paz e a unidade en Europa. Coincide co aniversario da Declaración Schuman (9 de maio de 1950), proposta na que se expuxo a idea da cooperación política entre as nacións europeas, facendo inconcebible unha guerra entre elas.

O himno europeo procede do cuarto movemento da Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven que lle puxo música á "Oda da Alegría" escrita por Schiller en 1785.

Na linguaxe universal da música é a expresión dos ideais europeos de paz, liberdade e solidariedade.

Feliz semana!

Moita alegría no inicio da XXXV Semana Cultural!




Ningún comentario: