13 de maio de 2021

XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021

O Día das  Letras Galegas 2021, está adicado a XELA ARIAS.  (1962-2003)

Poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.

É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio", "Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome".

Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.

 

Seleccionamos para vós diferentes recursos:

-Desde o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos, como en anos anteriores, o seu TELEXORNAL, as nenas e nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática traballaron sobre XELA ARIAS, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e preséntannos un documento para achegarnos á autora e a súa obra. Parabéns!

 


-Yolanda Castaño achéganos información de Xela Arias


-A escritora Ledicia Costas conta como chegou á poesía de Xela Arias e recita un dos poemas de "Darío a diario":

 

- Información, actividades interactivas e recursos do Seminario Galán:

http://seminariogalan.org/inicio/2021

https://view.genial.ly/6032a173e83a900d217a8923

http://seminariogalan.org/inicio/2021/actividades

Grazas a todos e todas por COMPARTIR!

 

 https://view.genial.ly/607ffcdc0cd6d30d0ea74b3b/interactive-content-xela-arias-letras-galegas

 

Ningún comentario: