26 de xan. de 2018

CONTOS POLA PAZ (Voluntariado lector)

Continuamos durante toda a semana con lecturas pola paz!
O mércores, na Hora de Ler, foron Lucía e María as que se animaron a contarllle ao alumnado de 3º e 4º de primaria ""El cocodrilo Cirilo"S.M.


O xoves, Noemí e Uxía  contáronlle a Infantil, 1º e 2º de primaria "Por cuartro esquinitas de nada" Ed.Juventud.




E hoxe, tamén Uxía e Noemí contaron a 3º e 4º de primaria "O lapis máxico de Malala"Xerais


MOITÍSIMAS GRAZAS POR AGASALLARNOS CUNHAS LECTURAS TAN  FERMOSAS!!

23 de xan. de 2018

SEMANA DA PAZ!!

 Ao longo desta semana e ata o día 31 deste mes levaremos a cabo  diferentes actividades pola PAZ: Música, lecturas, exposicións, murais...
Hoxe na biblioteca , Eva e Yanira (alumnas de 3º e 4º de Primaria) quixeron contarlle ao alumnado de Infantil o conto titulado "El amigo perfecto" , un conto sobre a amizade que nos gustou moitísimo!



MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR!!!

16 de xan. de 2018

APÚNTATE Á COMPOSTAXE!!

Seguindo co proxecto REVITALIZA de compostaxe, patrocinado pola Deputación de Pontevedra, que iniciamos antes das vacacións de Nadal, hoxe o alumnado de Infantil realizarou un obradoiro sobre compós na biblioteca.



Ademais temos na entrada do colexio uns paneis informativos sobre todo o proceso de compostaxe e a súa importancia.

ANÍMADEVOS A VISITALA!!

21 de dec. de 2017

BO NADAL!!!

Que as nosas gotiñas traian  
AMOR, PAZ E FELICIDAD!!!




Os  mellores desexos para o 2018!!!

19 de dec. de 2017

GUÍAS LECTURA PARA O NADAL!!

En colaboración coa COORDINADORA de Equipos de Dinamización Linguística do Morrazo e baixo o patrocinio da Deputacion de Pontevedra, publicamos as guías de lectura para este Nadal!!!






UN LIBRO SEMPRE É UN BO AGASALLO!!!

12 de dec. de 2017

CHARLA CIENTÍFICA!!

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria  disfrutaron dunha charla sobre "Parásitos mariños" ofrecida por Helena Rodríguez, investigadora do CSIC e experta nesta materia.
A charla forma parte do proxecto "Faro na escola", proxecto no que participamos por vez primeira e co que estamos moi ilusionados.


REALMENTE INTERESANTE!!!

CALENDARIO 2018

Como todos os anos por estas datas, formando parte do proxecto anual de centro, sae á luz o calendario do colexio!
Un traballo colaborativo no que participa todo o alumnado .Nesta ocasión o fío condutor son refráns relacionados coa AUGA.
Aquí tedes o resulatado , agardamos que vos guste!


GRAZAS!!!!!