15 de mar. de 2019

SEMANA DA PRENSA

   Sorpresa! Iniciamos a  Semana da Prensa, sendo nós noticia. Somos gañadores, xunto con outro cole, da fase provincial dun concurso da ONCE, que recoñece o traballo inclusivo durante o tempo de recreo.





    Tamén atopamos fotografías de alumnado do centro e familias desfilando no ENTROIDO cos disfraces confeccionados nas diferentes titorías.
.


   Cada curso durante esta semana, traballou con xornais nas aulas de diferentes maneiras: coñecendo as seccións, resumindo noticias, redactando con linguaxe periodística.
 Unha iniciativa, con moito éxito este curso, é a levada a cabo por unha titoría que len diferentes xornais todos os días.
 Como exemplo a seguinte presentación:



13 de mar. de 2019

"MEMORIA DO SILENCIO"

O martes 12 de marzo, no club de lectura de adultos,  tivemos o pracer de estar conversando con Eva Mejuto da súa última novela "Memoria do silencio", editada por Xerais.
Foi unha conversa moi interesante, falamos da investigación levada a cabo para crear historias, das irmáns Touza, da primeira directora de orquestra holandesa Frieda Belinfante, da estructrua da novela, do que podemos chegar a facer as persoas... foi moi didáctica e divertiva.
 Rematamos a sesión degustando uns melindres...



MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR ESTA TARDE CON NÓS!!
(Máis información no apartado de Club de Lectura de Adultos)

11 de mar. de 2019

LÚA

  Bo día, esta semana seguimos coas audicións na entrada do cole, poderemos escoitar a canción que tanto nos gusta LÚA, incluída no libro disco XIQUI XOQUE, FIU FIU, María Fumaça, Editorial Galaxia, 2014.


GOZADE COA MÚSICA¡¡¡

8 de mar. de 2019

BIBLIOFAMILIAS

Este ano, como novidade, na entrada do centro están a disposición de todas as familias unha pequena biblioteca con bibliografía arredor de temas, pensamos, do voso interese: trastornos do sono, vacinas, enuresis, intelixencias múltiples...
Podedes pasar e realizar o autoempréstito.
Tamén gustaríanos ter un banco de libros da vosa propiedade para intercambio tanto de temas relacionados coa familia como libros noutros idiomas.
Desexamos que esta iniciativa sexa do voso interese!
Animádevos a participar!


7 de mar. de 2019

DÍA DA MULLER 2019

Xa iniciamos marzo, mes especial, Marzo con M de MULLER, primaveral, poético...
Na estantería da entrada podedes disfrutar de libros relacionados coa IGUALDADE
No expositor tendes información de catro mulleres de Bueu: María Mundín (A Mundina), Amalia Domínguez Búa, Matilde Bares e Mª Eugenia Bolívar. 
 Animádevos a buscar no mapa do Concello lugares vinculados a elas! 









Visualizamos as películas "Figuras ocultas" en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e "BRAVE" en Infantil para poñer en valor a intelixencia e o valor das mulleres.

1 de mar. de 2019

ENTROIDO 2019

Hoxe, venres 1 de marzo, celebramos o Entroido comendo dóces típicos e disfrutando do desfile pola rúas de Beluso.

Este ano disfrazámonos, seguindo o Proxecto Documental de Centro,  de  diferentes mulleres en ámbitos diversos porque... HABELAS HAINAS.

Transformámonos en  coches fórmula 1 ( Teresa de Filippis), cohetes espaciais (Valentina Vladimirovna), Frida Kahlo e Diego Rivera (pintores), traballadoras de Massó, piragüistas (Mª Teresa Portela), futbolistas (Irene González), Cleopatra, modelos de Coco Chanel, modelos de Ágatha Ruiz de la Prada, contadoras de estrelas, Pippi, salvavidas, Dora exploradora...

A continuación cantamos as comparsas no salón do colexio.
Moitas gracias ao público que nos recibiu con tanto cariño!



























GOZANDO COS CONTOS!

O xoves 28, na biblioteca, asistimos a un contacontos xentileza da editorial Kalandraka.
Sara e Álex, na compaña dos seus instrumentos e da súa preciosa voz emocionáronnos coas historias e coa música.
Escoitamos atentamente : A RATIÑA PRESUMIDA, DEZ DEDOS NAS MANS E DEZ DEDAS NOS PÉS, ELMER, CÁNDIDO e rematamos con OS ESQUELETOS DIVERTIDOS.






 MOITAS GRACIAS POR FACERNOS PASAR UNHA FERMOSA MAÑÁ!