10 de xuño de 2019

ROTEIRO LITERARIO. CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O sábado día 8 de xuño, cinco persoas do Club de Lectura de adultos, realizamos un roteiro literario: MEMORIA DO SILENCIO, SEGUINDO AS PISTAS DAS IRMÁS TOUZA DE RIBADAVIA con Eva Mejuto, Ramón Estévez, Xoán Manuel Garrido e Inés Touza.
Foi toda unha experiencia combinar espazos reais con lecturas seleccionadas do libro de Eva Mejuto.
Ver doutra maneira unha vila tan fermosa como Ribadavia, atravesada polo ría Avia, entre a serra do Faro e a serra do Suído, tan preto de Portugal. Sede dunha importante xudería entre os séculos XI e xv, terra  ribeiro e de homes e mulleres valentes, xustas e dispostas a axudar.
Teremos que seguir investigando que pasou en Galicia durante a II Guerra Mundial.

IRMÁS TOUZA

                                                              CASA
KIOSKO NA ESTACIÓN DO TREN


                              DESFILE DAS TROPAS ALEMÁS POLAS RÚAS DE VIGO

7 de xuño de 2019

VISITA DE ANA ALONSO

Ana Alonso naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León.
 Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París.
 Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005), o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006), o Premio Antonio Machado en Baeza (2007), o Premio Alfons o Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008) e o Premio Internacional Manuel Acuña de Poesía en Lingua Española en México (2017). 
Entre os seus libros dirixidos ao público infantil e xuvenil, destacamos a colección Chisco de Sal, e outros títulos como A casa de bonecas e Os instantes perfectos. 
Xunto a Javier Pelegrín, é coautora da serie de fantasía e ciencia ficción A chave do tempo (Anaya) e doutras sagas como Tatuaxe, Yinn, Odio o Rosa e A raíña de Cristal. En 2008 obtiveron o Premio Barco de Vapor polo Secreto de If. 
Tamén recibiron unha distinción White Raven polo libro A cidade transparente, o premio 2009 do Templo das Mil Puertas á mellor saga xuvenil española po A chave do tempo e o XII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 co soño de Berlín
A súa obra foi traducida a diversos idiomas (desde o francés ou o alemán ata o xaponés, o coreano e o turco).

6 de xuño de 2019

VISITA DUN APICULTOR

Hoxe estivo co alumnado de Infantil Lino, o pai de Álex.
Disfrutamos da súa charla informativa sobre as abellas e afianzamos os coñecementos para o proxecto documental das ABELLAS, que estamos realizando para a saída de fin de curso.
Trouxo o seu traxe de apicultor ou abelleiro e unha peza histórica, con valor sentimental: un protector dos que se empregaban antigamente, cando as colmeas estaban na horta da casa.
Tamén nos fixo pensar que temos que coidar o planeta, que o estamos destruíndo.




MOITAS GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!

5 de xuño de 2019

FESTA DE PREMIOS FARO DA ESCOLA

Hoxe alumnado do centro asistiu a FESTA FARO DA ESCOLA en Castrelos.

Gañamos DOUS PREMIOS:  
  • 1º premio Á MELLOR REPORTAXE: "OVOS, QUE NON SON DE CHOCOLATE, PERO QUE GARDAN "SORPRESA" NO SEU INTERIOR" redactada polo alumnado de 4º de Primaria.
  •  SECCIÓN DE ESQUELAS.





NORABOA!!! SODES UNS FANTÁSTICOS XORNALISTAS







FARO DA ESCOLA 2019

Hoxe, 5 de xuño, DÍA DO MEDIO AMBIENTE, recibimos o xornal FARO DA ESCOLA, proxecto no que participamos por segundo ano consecutivo, con moitísima ilusión.


CONTACONTOS: GRISELA

O alumnado de 3º de Primaria contounos GRISELA de Anke de Vries, publicado por Kalandraka.
Son uns fantásticos narradores... Incluso prepararon un pequeno obradoiro coas nosas cores favoritas postas nun tendal.




SEGUIDE ASÍ. ESPERÁMOSVOS PARA O PRÓXIMO CURSO. MOITAS GRAZAS!!


CONTACONTOS: O COELLIÑO BRANCO

Catro amigas e estudantes do grao de Educación Infantil: Vicky, Laura, Arancha e Irene representaron con monicreques unha adaptación  do conto "O COELLIÑO BRANCO" de Xosé Ballesteros, editado por Kalandraka, máis ben "A coelliña branca".
Foi moi divertida e ademais con música!







MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR O VOSO TEMPO CON NÓS!!