12 de mar. de 2020

"CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES"

Un grupiño de alumnos e alumnas de 4º de Primaria leron historias dos libros: "CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES, 100 HISTORIAS DE MUJERES EXTRAORDINARIAS".
Moitas grazas pola vosa implicación!



11 de mar. de 2020

BIBLIOLAB: UN OVO NUNHA BOTELLA?!

Mércores...  RECREO ...  no laboratorio...

Paréceche imposible? Pois sí... Hoxe observamos, formulamos hipótesis, experimentamos como un ovo entraba nunha botella e o alumnado voluntario de 6º explicounos cientificamente o que sucedeu.




COMO NOS GUSTA A CIENCIA!

10 de mar. de 2020

SARA e ÁLEX: CONTACONTOS

Hoxe, na biblioteca, recibimos a SARA e a ÁLEX que, por xentileza da Editorial Kalandraka, fixeron que gozaramos con fermosísimos contos acompañados por unha cesta e un acordeón. Escoitamos: "A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella", "Ratos de viaxe", "Aínda nada!", "O can de Milu"...

Moitísimas gracias!

9 de mar. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O luns 9 de marzo, asistimos no Centro Social do Mar, en Bueu, a entrega de premios do certame: "A igualdade no traballo" organizado polo Concello de Bueu. 

Rapazas e rapaces do noso centro foron os encargados da declaración conmemorativa realizando unha performance na que nos fan reflexionar sobre os salarios, as profesións, os estereotipos, os micromachismos...



Exposición de bibliografía e cartel informativo sobre CONCEPCIÓN ARENAL.

6 de mar. de 2020

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
No Concello de Bueu celebrouse este venres un pleno moi especial no que o alumnado dos centros educativos foi o protagonista.

O pleno estivo rexentado polo alcalde, Félix Juncal, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero e o vicealcalde, Julio Villanueva. Participaron  Rosana, Juan e Gabriela de 6º.

Ao remate do pleno entregáronse uns diplomas conmemorativos aos participantes.

O vindeiro luns, 9 de marzo ás 12.00 h, terá lugar no Centro Social do Mar un acto de entrega dos premios dos certames educativos de viñeta/ilustración e literario “A igualdade no traballo”, no que participará alumnado de diferentes cursos do noso colexio.


As rapazas e rapaces de Infantil realizaron estes debuxos reflexionando que todos e todas podemos ser o que nos propoñamos, sin importar nada máis.




4 de mar. de 2020

BIBLIOLAB: BURBULLEANDO

MÉRCORES... LABORATORIO!!
Hoxe mércores, recreo no laboratorio...
O alumnado voluntario de 6º de Primaria, amosou a experiencia BURBULLEANDO
Foi fantástico!
 

CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN

Co motivo da celebración do Día da Muller o concello de Bueu organiza, o venres 6 de marzo, o II Pleno pola Igualdade e o luns 9 o acto institucional, no Centro Social, onde o noso alumnado fará a declaración conmemorativa.
No concurso de viñeta e ilustración deste ano presentáronse máis dun centenar de ilustracións e máis de 60 microrrelatos, biografías e poemas.
Rosana, de 6º de Primaria, recibirá unha mención especial polo seu poema.
PARABÉNS! 

Máis información:
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2020/03/04/bueu-celebra-segundo-pleno-igualdad/2257129.html
https://concellodebueu.gal/o-concello-elixe-os-traballos-ganadores-dos-certames-educativos-a-igualdade-no-traballo/