17 de out. de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS 2020: MÍRIAM FERRADÁNS

"O ESFORZO COTIÁN DAS MULLERES"

Este curso adicámoslle o Día das Escritoras a nosa escritora, poeta, exalumna, veciña, amiga MÍRIAM FERRADÁNS FERRADÁS.

Naceu en Bon, Beluso o 16 de xaneiro de 1982. É graduada en Traballo Social pola Universidade de Vigo.

Como poeta ten publicadas:

- "Deshabitar unha casa" (2016)

- "Nomes de Fume" (2017). Obra traducida ao catalán como "Noms de fum".

- "Agosto" (2019)

- Poemas en diferentes obras colectivas, por exemplo, o poemario "Do tacto", recollido en "Roseira de Cen Follas" (2019) que recibiu o premio de Poesía Leiras Pulpeiro.

Gañou diferentes premios de poesía, entre outros, o Francisco Añón e o Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Nos últimos días foi finalista no Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo artigo "Aprender a contar" publicada en Sermos Galiza.

Participa en obras colectivas e en revistas especializadas.

Foi entrevistada no blog lecturafilia: https://lecturafilia.com/2019/01/12/entrevista-miriam-ferradans-a-literatura-non-so-axuda-a-entender-o-mundo-e-un-organismo-un-ser-vivo-capaz-de-realizar-as-tres-funcions-vitais/

Para celebrar este día tan especial enviounos este fermoso agasallo para todos e todas nós:


A continuación, escoitade este Poema que viu a luz nun Obradoiro con Míriam na nosa biblioteca, adicado a todo o alumnado do noso centro:

MOITÍSIMAS GRAZAS MÍRIAM POR ESTAR SEMPRE DISPOSTA A PARTICIPAR CO NOSO COLE!
"Hablar de verdad, es amar,
y amar de verdad, no es brillar, es arder."
Poema de Christian Bobin que inicia a plaquette "AGOSTO"
 

 

12 de out. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!!

Ola a todos e todas!

Retomamos as audicións musicais semanais que se escoitarán todas as mañáns  ao entrar no colexio.

Este ano 2020 é o "Ano de Beethoven" con motivo do 250 aniversario do nacemento deste xenial compositor!

É por eso que ao longo deste trimestre iremos escoitando, maioritariamente, obras de Beethoven.

Comezamos esta semana cunha das máis coñecidas, trátase da 5ª sinfonía escrita entre 1804 e 1808. 



DISFRUTADE COA MÚSICA DE BEETHOVEN!!!


1 de out. de 2020

MAFALDA

 Morreu QUINO (pseudónimo de Joaquín Lavado) debuxante creador de MAFALDA.

Mafalda é a nena protagonista dunhas historietas publicadas entre 1964 e 1973 que sempre estiveron de actualidade grazas ao seu gran sentido do humor.

 En 2014, cando Mafalda cumpriu 50 anos, Quino recibiu o Premio Príncipe de Asturias. 

Frases de Quino: 

"Elixin debuxar porque falar cústame bastante".

"A protagonista é de sexo feminino por influencia do movemento de liberación das mulleres dos anos sesenta".






23 de set. de 2020

23 de setembro: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

 A LINGUA DE SIGNOS É PARA TODOS!

A lingua de signos é unha linguaxe natural. Hoxe celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS proclamado pola ONU: 

 COA LINGUA DE SIGNOS, TODOS ESTAMOS INCLUÍDOS!

Inténtao con esta canción de Gaudi Galego titulada "Chea de vida":

Conto ANIMAIS en LSE (Grazas o CEIP Quiroga Palacios) da Editorial Kalandraka que está na nosa biblioteca:



A situación actual co uso de máscaras, supón unha dificultade para as persoas xordas que non poden ler os nosos labios cando falamos e así é difícil a comunicación.

Apúntate ao reto de aprender algunha palabra ou frase na lingua de signos!

Agora mesmo é moi necesario porque non podemos dar unha aperta...

Un reto... Como se dirá APERTAS, BO DÍA, OLA en lingua de signos? 

Clica no blog de Orientación e poderás ver un fermoso VÍDEO-SORPRESA realizado no noso centro. Coñeces a alguén? Que alegría verse todos e todas durante a Hora de Ler! 

http://montemogosorienta.blogspot.com/


Vídeo do rapero xordo finlandés SIGNMARK: "Rompendo as normas"




22 de set. de 2020

OUTONO 2020

 Este martes 22 de setembro ás 15,31 horas (hora peninsular) dará comezo o outono.

Qué fermosa está a Natureza nesta nova estación! Dá un paseo polo bosque e goza coas súas cores!

Hoxe terá lugar o equinoccio de outono, o día e a noite terá a mesma duración, 12 horas. Averigua o significado da palabra equinoccio e repítea varias veces... é fermosa, verdade?

Visita o blog do alumnado e segue ao Club do Cambio Climático! https://montemogos.blogspot.com/






 




"CONTAXIO": Conto audiovisual.

 As escritoras María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso escribiron  un conto colaborativo audiovisual titulado CONTAXIO sobre a pandemia, para UNICEF. Está ilustrado por Leandro Lamas.

Está promovido pola actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga do Comité Galicia de Unicef. Participan actores e actrices galegas: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén y María Vázquez.

CONTAXIO é unha viaxe polo dicionario...


GOZADE CON ESTE FERMOSO CONTO!


21 de set. de 2020

NOVO CURSO ESCOLAR 2020/2021

 BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2020/2021!

Que ganas de estar todas e todos xuntos de novo!

 Poder rir, xogar, contar as aventuras deste atípico verán... O que vivimos e o que sentimos desde marzo!

ESTAMOS XUNTOS para conseguir os nosos obxectivos! WE ARE TOGETHER!

NON PERDAS DE VISTA O VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE!