Hoxe é o Día Internacional da Lingua de Signos, polo que nos xuntamos no patio do recreo para cantar "Todos somos capitáns" de Magín Blanco en lingua de signos.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
23 de set. de 2021
23 de setembro: Día Internacional da Lingua de Signos
21 de set. de 2021
XOSÉ NOVAS: PERSOA SENLLEIRA DE BELUSO
CENTENARIO DO NACEMENTO DE
Xosé Novas Regueira, tamén coñecido como Joe Novas, naceu en Beluso o 21 de setembro de 1921.
No ano 1993 crea unha fundación para promover actividades culturais e benéficas, chamada "FUNDACIÓN XOSÉ NOVAS", chamada así en honra ao seu pai.
Foi nomeado Fillo Predilecto de Bueu e adicóuselle unha praza pública en Beluso, onde se ubica o parque infantil e o pavillón.
Para máis información le o FIADEIRO nº 27, ano 2021 ou visita a biblioteca pública.
Tal día coma hoxe cumpriría 100 anos!
20 de set. de 2021
COMUNICANDO COAS MANS!
23 de setembro: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS
Apoiamos e protexemos a identidade lingüística e a diversidade cultural de todas as persoas xordas e outros usuarios da lingua de signos.
Esta semana cantamos "TODOS SOMOS CAPITÁNS" de Magín Blanco.
Intentamos saudarnos e despedirnos en Lingua de Signos. Consulta a páxina:
https://www.fundacioncnse.org/educa/bancolse/
Abecedario Dactilolóxico:
Para máis información visita o blog do Departamento de Orientación:
https://celamontemogosorienta.blogspot.com/2021/09/23-de-setembro-dia-internacional-da.html
19 de set. de 2021
MINUTOS MUSICAIS
Nesta semana na que celebramos o DIA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS escoitaremos e cantaremos a canción "TODOS SOMOS CAPITÁNS" de Magín Blanco pertencente ao seu disco "A nena e o grilo nun barquiño", unha canción interpretada en lingua de signos.
FELIZ SEMANA!!
13 de set. de 2021
Proxecto Documental 2021/2022: A MEMORIA DO NOSO
Benvidas e benvidos a un novo curso escolar!
A MEMORIA DO NOSO é o título do proxecto documental que ten por obxectivo coñecer e pór en valor a nosa historia, os nosos costumes, o noso xeito de falar, o léxico... os fíos invisibles que nos unen como comunidade.
Investiga sobre a túa localidade!
12 de set. de 2021
MINUTOS MUSICAIS!!
Nesta semana escoitaremos "FIGA" o último traballo do grupo galego TANXUGUEIRAS, canción escollida polos eurofans como favorita para representar a España no Festival de Eurovisión. Agardamos que así sexa!
8 de set. de 2021
MINUTOS MUSICAIS!
Ola a todos e todas!
Comezamos un novo curso e con el as audicións semanais que iremos poñendo neste blog para que todos e todas poidades escoitar cando gustedes.
Recibimos o curso con moita ilusión e optimismo coa canción CELEBRATION.
"Celebremos que estamos xuntos e que estamos todos. Hai moito que celebrar."
BENVID@S e FELIZ COMEZO!!!






