14 de out. de 2021

SOMOS PUNTO DE RECOLLIDA DE ÚTILES DE ESCRITURA

Comprometidos coa SOSTIBILIDADE  a través da RECICLAXE! 

Formamos parte de TERRACYCLE, empresa que recicla bolígrafos, rotuladores, rotuladores fluorescentes, correctores de todo tipo, permanentes. Non se recollen pegamentos, gomas, lapis, tesoiras.

Busca o punto de reciclaxe na entrada do centro!







11 de out. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

Esta semana na que celebramos o 12 de outubro, escoitaremos un tema da película "1492:A conquista do paraíso" baseada no descubrimento de América por Cristóbal Colón.
A banda sonora foi composta polo músico grego Vangelis.


                          FELIZ SEMANA!!!

8 de out. de 2021

8 de outubro: DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA

A dislexia é unha dificultade na aprendizaxe, de orixe neurobiolóxico, que afecta tanto a escritura como á lectura.

Resolve as túas dúbidas visualizando este vídeo:


Na biblioteca temos varios libros que che poden axudar a comprendela. Un exemplo: "LAS LETRAS Y YO. UN CUENTO SOBRE LA DISLEXIA" escrito por Iraida Llucià I Bagüés e Alicia Bailey Garrido, editorial Sandia Books.

Durante a Hora de Ler infórmate cos libros que viaxaron a Biblioteca a túa aula...

GOZA COA LECTURA e comprenderás mellor todo o que te rodea!

3 de out. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

Este ano estréase como efeméride o "Día do cine español"(6 de outubro) ,co obxectivo de recoñecer o papel dos profesionais do cine e incentivar as salas de proxección, un sector moi afectado pola pandemia.

Nós queremos pór o noso grao de area  escoitando a banda sonora de "Mar adentro", unha película de Alejandro Amenabar que recibiu, entre outros, o Goya á mellor música orixinal, na que colaborou o músico vigués Carlos Nuñez.


Feliz semana !!


29 de set. de 2021

HOTEL DE BICHOS: produto final

Este documento é a exposición final da investigación feita polo alumnado de 4º de Primaria (curso 2020-2021) sobre os insectos e a súa importancia nos ecosistemas.
Goza coa súa lectura. Está no andel de Producións Propias!


26 de set. de 2021

MINUTOS MUSICAIS

 Nesta semana escoitaremos o 1º movemento do concerto para violín e orquestra "O outono" de Antonio Vivaldi.

                                          

                                                            Feliz semana !!!

24 de set. de 2021

HOMENAXE A XOSÉ NOVAS


Este sábado 25 de setembro, ás 13 horas, terá lugar no Parque de Beluso, que leva o seu nome, a colocación dunha placa conmemorativa polo centenario do seu nacemento.