Esta semana escoitaremos "TERRA"canción coa que o trío galego"TANXUGUEIRAS"se presentou ao Benidorm Fest. Unha canción que ,a ritmo de muiñeira, empodera a nosa cultura e a nosa lingua e di que non hai fronteiras para elas.
Terra é unha canción escrita nas distintas linguas oficiais de España, aínda que o galego é o fío conductor entre todas elas.
A pesar de non quedar seleccionadas para representar a España no Festival de Eurovisión, para nós son as GAÑADORAS!!
Gandhi foi un pacifista que defendeu a non violencia e o diálogo.
Como el dixo
"NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO"
Pero... que é a paz?
O alumnado de 6º de Primaria compartiu un mural onde explicaron o seu significado.
A PAZ É RESPECTAR E AMAR!
Relacionado co Proxecto documental deste curso: A MEMORIA DO NOSO, bailamos e cantamos todos xuntos a danza "O xogo da carrasquiña".
Todas as titorías decoraron con debuxos, palabras, frases... PARAUGAS DE PAZ. Están preciosos cubrindo a entrada do cole.
Coidemos a Paz, fomentemos o diálogo!
Goza coa lectura do álbum ilustrado "PALABRAS CON CORAZÓN", realizada polo alumnado de 6º de Primaria, escrito por Kate Jane Neal, editado en Cubilete (Bruño). Está a túa disposición na biblioteca.
Escoita "PALABRAS CON CORAZÓN", unha lectura do alumnado de 6º de Primaria do álbum ilustrado que está a túa disposición na biblioteca, escrito por Kate Jane Neal, editado en Cubilete (Bruño).
Nesta semana, final do mes de xaneiro, na que celebramos o día da Paz, escoitaremos a canción «What a Wonderful World» interpretada por músicos da fundación Playing for Change.
Unha canción cunha mensaxe optimista e con esperanza nun futuro mellor. Estreada polo músico e cantante de jazz Louis Amstrong en 1967.