22 de abr. de 2022

AS FAMILIAS CONTAN! 7

Hoxe veu  a contar e a ler Ramona,  a avoa de Xián de 4º de Infantil.

Primeiro gozamos cunha narración oral dun conto clásico: OS TRES PORQUIÑOS e leu ELMER Y EL TIEMPO escrito por David Mckee.

Rematamos cantando a canción de Os tres porquiños.



Foi un encontro moi emocionante porque este curso o noso cole está de aniversario, cumpre 50 anos! e Ramona estivo estudando aquí, despois a súa filla e o seu fillo e agora o seu neto!

Moitas grazas por ler e compartir historias!



AS FAMILIAS CONTAN! 6

Sara e Carlos, mamá e papá de Xián de 1º de Primaria, estiveron hoxe con nós para ler dúas magníficas historias.

Amelia quere un can, de Tim Bowley e André Neves, editado por Kalandraka. Unha historia de mascotas, perseverancia e astucia.



TUNTÚN, escrito por Anya Damirón e Pablo Pino, editado por Algar. Fermoso álbum ilustrado que nos recorda a importancia da amizade e da inclusión.



Grazas por compartir con nós estes libros marabillosos!

AS FAMILIAS CONTAN! 5

O pai de Alejandra e Leo, Alejandro, estivo na biblioteca para lernos dous contos.

Como encender un dragón apagado, escrito por Didier Lévy e Fred Benaglia, editado por Libros del Zorro Rojo. Divertido e emocionante álbum ilustrado!



La casa encantada, un terrorífico libro electrónico, editado por susaeta. 
Atréveste a  vivir aventuras viaxando cos libros?



Mil grazas por LER para nós!

21 de abr. de 2022

AS FAMILIAS CONTAN! 4

 Lorena, a nai de Gaspar de 4º de Infantil, estivo na Biblioteca lendo un libro con  pestanas titulado La ovejita que vino a cenar, escrito por Steve Smallman e Joelle Dreidemy, editado por Beascoa.

Un marabilloso libro que fala da amizade e da solidariedade.



Moitísimas grazas por esta simpática historia!

AS FAMILIAS CONTAN! 3

Paula, nai de Mateo de 4º de Infantil, estivo con nós para ler dous libros.

Un libro en inglés Cat and Mouse. Come to my house, escrito por Stéphane Husar e Loic Méhée e publicado por Anaya. 



E a continuación, El pollo Pepe, escrito por Nick Denchfield e Ant Parker, editado por sm. Rematamos cantando e bailando a súa canción.

Mil grazas por acompañarnos nesta actividade!


20 de abr. de 2022

AS FAMILIAS CONTAN! 2

Hoxe estivo na biblioteca lendo un conto Lupe, nai de Alejandra e Leo, para 1º e 2º de Primaria.

Compartiu con nós "Bill e Janet", álbum escrito por Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffer, que nos recorda que todos somos iguais aínda que diferentes.


 Mil grazas por participar e compartir esta historia diferente!


19 de abr. de 2022

AS FAMILIAS CONTAN! 1

 Abril, mes dos libros!

Retomamos unha das nosas actividades favoritas AS FAMILIAS CONTAN!

As familias que o desexen poden vir á biblioteca a ler un libro!

Sandra, nai de Manuel de 5º de Infantil, leu "Así es mi corazón", álbum escrito por Jo Witek e ilustrado por Christine Roussey.

 

Moitísimas grazas Manuel e Sandra por emocionarnos con este conto!