14 de nov. de 2023

Xuntanza Club de Lectura no laboratorio!

 Martes, día de xuntanza do club de lectura. Nin o mal tempo, nin as obras no cole poden coa nosa reunión!

Como nos gusta xuntarnos a falar arredor do libro de Andrea Maceiras: Alma de elefante!

Dialogamos arredor da metereoloxía, da roupa usada, de animais que axudan nos traballos aos humanos, de que o importante está no noso interior, de que só se ve ben co corazón...


 


12 de nov. de 2023

Minutos Musicais!

 Esta semana escoitaremos a canción All Star, tema moi coñecido do grupo estadounidense Smash Mouth. 


Feliz semana!

Magosto 2023

 Este venres celebramos o Magosto con xogos e castañas.

Os xogos foron xentileza da Asociación Xoán XXIII de Cangas. Estiveron moi divertidos e moi ben explicados polos usuarios e usuarias que exerceron de monitores e monitoras.

Os equipos estaban formados por nenas e nenos de diferentes idades que ían rotando polas diferentes estacións, incluído un taller de lingua de signos.








As castañas foron asadas por mamás da ANPA que exerceron de fantásticas castañeiras.


Mil grazas a todas e todos por colaborar na festa do Magosto! Parabéns!

11 de nov. de 2023

Premios Clubs de Lectura

 O martes 8 de novembro asistimos no Auditorio do Ministerio de Cultura ao acto de entrega dos premios aos Clubs de Lectura de Primaria.

Fomos recibidos por un cuarteto de música.


Discurso da Directora Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial.


Intervención da poeta Raquel Lanseros.


Centros galegos galardoados:




Parabéns a todos os centros galardoados!
Grazas a todos e todas por formar parte dos clubs de Lectura do noso centro!



5 de nov. de 2023

Minutos musicais!

 Esta semana celebraremos o Magosto con castañas e sorpresas.

O tema elexido é Canción do Magosto 13 Lúas.

Feliz e saborosa semana!



3 de nov. de 2023

Lendo no Samaín!

Durante este Samaín gozamos con Lecturas de medo en diferentes localizacións do cole.

O medo tamén se le!




O alumnado de 6º de Primaria dramatizou polos corredores á Santa Compaña asustando a todos e todas.



Toda a comunidade escolar bailamos ao ritmo da canción THRILLER de Michael Jackson no pavillón. Foi unha coreografía terrorificamente divertida! 


A entrada do centro foi decorada pola ANPA Cabo Udra.


Durante toda a semana gozamos da exposición de cabazas realizadas polas familias.


Grazas  a toda a comunidade polas súas aportacións!

1 de nov. de 2023

Xogando coa luz negra!

Este martes de Samaín estivemos xogando coa luz negra!

A luz negra ou ultravioleta utilízase en ambientes escuros para resaltar algunhas cores sobre outras, as brancas e fluorescentes, logrando efectos sorprendentes.

Pintamos con témperas e rotuladores fluorescentes!













Foi un Samaín terrorificamente divertido!