26 de nov. de 2023

Minutos musicais!

Esta semana escoitaremos Naos, unha muiñeira do grupo Boroa.

Boroa é un grupo de Ribeira liderado por Sabela Olivares na gaita, piano, pandeireta e voz acompañada por Suso Bello á guitarra e voz e Alberto millán ao baixo.

Boroa crea un mundo sonoro coa gaita como protagonista alén de fronteiras para achegarnos harmonías de diferentes xéneros musicais pasados polo filtro acústico: folk tradicional galego, swing, jazz manouche, ragtime... 

Gozade coa música!

Feliz semana!




24 de nov. de 2023

25 de novembro: Día internacional da eliminación da violencia!

O xoves 23 en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Bueu realizamos Obradoiros para concienciarnos dos diferentes tipos de violencia, do consentimento, de saber dicir non, de que non existen xoguetes diferentes para nenos e nenas, de que todos e todas podemos realizar todo tipo de traballos... Poñer en valor o respecto cara os demais.







Acompañados e acompañadas por diferentes persoas da comunidade educativa realizamos a IV Marcha contra a Violencia de Xénero e posterior lectura do manifesto escrito polo alumnado de 6ºde Primaria.

 Bibliografía exposta:




22 de nov. de 2023

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller!

O 25 de novembro conmemórase o  Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres co obxectivo de denunciar a violencia que se exerce sobre as nenas e as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas, en todos os países, para a súa erradicación.

Un desexo... Oxalá que se convirta nun día que non teñamos que conmemorar porque todos e todas somos iguais.

Escoitaremos Canción sen medo da cantante mexicana Vivir Quintana, como homenaxe ás vítimas e un tributo ás mulleres loitadoras.


19 de nov. de 2023

Minutos musicais!

 Iniciamos a semana en 20 de novembro, día importante porque recordamos que hoxe celébrase en todo o mundo o Día dos Dereitos dos nenos e nenas. 

Queres saber cales son? Pois escoita, mira e goza con esta canción de Los Lunnis.


Visita a páxina de Unicef para coñecer os 10 Dereitos fundamentais con ilustracións de Quino, creador de Mafalda e os seus amigos.


FELIZ SEMANA! 
RECORDA OS TEUS DEREITOS E AS TÚAS OBLIGACIÓNS!


Xornadas de Bibliotecas Escolares

 O sábado 18 de novembro expuxemos nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, no Palacio de Congresos en Santiago, a nosa experiencia dentro do Programa Lectura e Familias.





Grazas Familias por colaborar nas actividades da Biblioteca Escolar!

Grazas porque desde sempre apoiades as iniciativas escolares!

Entre todos e todas... TECEMOS LAZOS!

16 de nov. de 2023

Coser e cantar con Pablo Otero

 Esta mañá a biblioteca foi punto de encontro entre diferentes xeracións, persoas do taller de memoria, unha mamá e alumnado de 1º e 2º de Primaria da man de Pablo Otero.

O obradoiro foi unha excusa para coñecernos, para compartir ideas, historias e gozar xuntos. Compartir tempo e espazo. Aprender uns dos outros.

Iniciamos a actividade cunha gran loneta como se fose un libro en branco... está todo por comezar.

Un labor comunitario que vos convida a continuar intervindo sobre o soporte aportando novas ideas co fin de facelo máis fermoso. 


 Mil grazas a todas e todos por compartir!

Grazas Pablo por acompañarnos!

Grazas á familia de Xián de 6º de Infantil por facilitarnos materiais marabillosos para o obradoiro.

Visita e concerto en Pontevedra!

 O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria visitaron Pontevedra e asistiron á actuación Vaia ritmo! no teatro de Afundación en Pontevedra, concerto de Odaiko Percussion Group. A través da sorpresa, do humor e a interacción co público, presentáronnos diferentes elementos de percusión que nos levaron a melodías cheas de ritmo e diversión.


 Foi toda unha sorpresa sacar unha foto cos integrantes do grupo!