30 de maio de 2013

"LINDA Á ESPREITA"

Hoxe visitounos na BIBLIOTECA Iago o contacontos. Contounos a divertida historia dunha vaca chamada Linda.

 Temos o libro no noso catálogo por si alguén lle interesa volvelo a ler.

29 de maio de 2013

OBRADOIRO DE NÓS MARIÑEIROS

   Hoxe estiveron con nós LUÍS, o papá de Ainara e Aixa, e JOSUHA, exalumno do centro, impartindo unha clase maxistral de nós mariñeiros, imprescindibles no traballo do mar.
   Nós fixemos un ÁS DE GUÍA.

























 

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TEMPO


UNHA OBRA DE ARTE DE JOSUHA PARA A NOSA BIBLIOTECA!!!



28 de maio de 2013

OBRADOIRO DE REDES

  Dentro da programación da Semana Cultural e coa temática do mar, hoxe visitou a nosa biblitoteca Manola Bamio, expresidenta da asociacíon de redeiras do Morrazo.
   Pensabamos que as redeiras só cosían as redes cando estaban rotas, pero o seu traballo consiste en facelas. Ten un gran coñecemento das artes de pesca.
  AGRADECEMOS MOITO A SÚA VISITA.

   Bibliotecas escolares de Galicia amosa polo miúdo este oficio tan importante na actividade marítima das nosas costas.

24 de maio de 2013

TELEXORNAL MONTEMOGOS

  No 150 aniversario da publicación de "CANTARES GALLEGOS", a comunidade educativa de BELUSO quere facer unha pequena homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, unha muller da nosa terra que foi quen de por en valor a LINGUA
GALEGA.


                   

A QUÉ SABE A LÚA?

Os nenos e nenas de 6º de infantil actuaron nos XOVES DE CONTO. O conto que nos trouxeron foi: A qué sabe a Lúa?.
MOITAS  GRAZAS POR FACELO TAN BEN!!!
POR CERTO A NOSA LÚA SABE A...PAN!!!

22 de maio de 2013

DÚAS MAMÁS CONTACONTOS

  Nesta ocasión os contos veñen das familias a visitar a nosa biblioteca.
  Sari e Azucena prepararon dous contos con sorpresas. "A LÚA LADRONA" e "HAMBRE DE LOBO"





ESPERAMOS QUE HAXA MÁIS VISITAS. MOITAS GRAZAS!!!

21 de maio de 2013

MIRO MAGARIÑOS

  Un ano máis Miro Magariños visita o noxo  colexio na Semana Cultural.
Nesta ocasión sorprendeunos co TEATRO DE SOMBRAS titulado "O DERRADEIRO DRAGÓN"



Moitas grazas!


Podemos ver máis noutros blogues do colexio.