18 de dec. de 2015

17 de dec. de 2015

UN AGASALLO DE NADAL!

Onte,na Hora de Ler, recibimos unha visita que nos encanta e que xa ven sendo un clásico na nosa biblioteca: Pepi, a mamá de Paulo, achegóuse para contarnos en compañía do seu fillo  "Un conto de Nadal" un conto que nos fixo reflexionar moito sobre a importancia de ser boas persoas ,
Ao final agasallounos con un sorteo onde houbo regalos para todos .
MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!


10 de dec. de 2015

"DÍA DOS DEREITOS HUMANOS"

Hoxe, 10 de decembro , o alumnado de sexto de primaria presentou na biblioteca un traballo sobre "Os dereitos humanos".
Rematamos a actividade cantando a canción "IMAGINE" de John Lennon. Unha canción que nos gusta moito e á cal nos sumamos no desexo dun mundo mellor.



Aí vos deixamos o traballo .



PARABÉNS!!!

4 de dec. de 2015

GUÍAS PARA O NADAL!

Un ano máis ,en colaboración coa Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua do Morrazo, publicamos as guías de lectura . Agardamos  que o vindeiro ano sexa "un ano para LER e CANTAR".



1 de dec. de 2015

CULTURGAL 2015!

Música, libro, cine, artes escénicas, arte contemporánea, banda deseñada, infantil, humor…Todo iso e máis no programa de actividades Culturgal 2015, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 4, 5 e 6 de decembro.
A entrada á Feira ten un prezo de 2 euros para persoas adultas e 1 euro para menores de 12 anos. Se o que che apetece é visitar a Feira en diferentes días, podes adquirir unha pulseira de 3 euros para entrar cando queiras e, se tes menos de 12 anos, por 2 euros. Menores de 3, de balde.
A Feira non pecha a mediodía: o horario é de 11:00 a 21:00 o venres 4 e o sábado 5 mentres que o domingo 6 pecha unha hora antes, ás 20:00 .
RECOMENDAMOS A VISITA, PAGA A PENA!!!

27 de nov. de 2015

DÍA TRISTE PARA AS LETRAS GALEGAS.

Hoxe a última hora da  mañán recibiamos a triste noticia do falecemento do escritor pontevedrés Xosé Neira Vilas. 
Un dos máximos representantes da nosa cultura e das nosas letras. Xosé Neira Vilas foi quén de escribir o libro ata agora máis leído da nosa literatura "Memorias dun neno labrego", unha novela social de denuncia do caciquismo da época, unha testemuña da vida rural en Galicia nun tempo padado .Sempre recordaremos as verbas de Balbino"un neno da aldea,como quen di, un ninguén.E,ademáis, pobre".
Doctor Honoris causa pola Universidade de A Coruña, membro numerario da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas...son algúns dos recoñecementos que obtivo ao longo da súa traxectoria.
Desde aquí queremos expresar o noso pesar e rendirlle a nosa pequena homenaxe.


ATA SEMPRE!

25 de nov. de 2015

25 N "Día Internacional contra a Violencia de Xénero"


Con lecturas, música e carteis celebramos no noso cole o "DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO".
Desde o colexio e  a biblioteca escolar queremos apoiar a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade,  a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.