20 de feb. de 2019

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS



Este martes, convidados polo instituto Johan Carballeira, asistimos a unha charla-coloquio con Ledicia Costas; autora de "A SEÑORITA BUBBLE", "AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ", "A BALADA DOS UNICORNIOS", "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA"...

O alumnado de 5º de Primaria traballou sobre "As peripecias de Extravaganzza Pérez" e no club de lectura de 6º, durante o primeiro trimestre, lemos "A señorita Bubble". (Novela coa que participamos na Feira da Ciencia e a Literatura co Voluntariado Lector)

Foi unha charla moi animada onde, entre pregunta e pregunta, a autora intercalaba algunha anécdota persoal. Hai bastante nos protagonistas dos libros dela mesma. Vicent, por exemplo, está baseado nun amigo cunha cardiopatía.
As protagonistas das súas historias son mulleres para visivilizar o seu papel nos avances científicos de todas as épocas. Gústalle todo o relacionado co steampunk, o retrofuturismo, os inventos, os coches alternativos...

Este encontro está enmarcado dentro dos preparativos para a II FEIRA DA CIENCIA E A LITERATURA que se celebrará en Bueu o 4 de maio.



 Noticia no FARO DE VIGO:
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/02/20/ledicia-costas-reivindica-bueu-o/2054949.html#

19 de feb. de 2019

SEMANA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o DÍA DE ROSALÍA, no noso centro xa iniciamos as conmemoracións cunha exposición na entrada cedida pola Casa de Manuel María titulada "ROSALÍA SEMPRE VIVA, VIVA ROSALÍA!!. Son paneis coa biografía e poemas da escritora.




ANIMÁDEVOS A VISITALA!!!
 O expositor con libros de Rosalía está esperando a que os levedes en préstamo!!!



Nas titorías estamos lendo o poema "CAMPANAS DE BASTABALES". Podedes escoitar esta adaptación de Amancio Prada.

18 de feb. de 2019

"OS AMIGOS DE ELMER"

Esta mañá Sabela, Carlota, Neves, Lucía e Candela de 3º de Primaria representaron na biblioteca un conto sobre a amizade titulado "Os amigos de Elmer".
Ao finalizar houbo concurso de preguntas con agasallos para os que estiveron moi atentos.



 
MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTA FERMOSA
REPRESENTACIÓN!!!

SOMOS NOTICIA!!

O sábado no periódico FARO DE VIGO saiu unha noticia relacionada coa visita de Iria Misa.

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/02/16/o-espirito-ziggy-stardust-cautiva/2052788.html

15 de feb. de 2019

VISITA DE IRIA MISA!

Esta mañán recibimos a agradable visita de Iria Misa.
Conversamos sobre a súa novela: "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" publicada por Xerais.

Resaltamos a importancia de ser un mesmo, de respetar aos demais tal e como son, da familia, da amizade, do acoso, da abolición do sexo na roupa, de música, de David Bowie...






 GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA CHARLA!!

11 de feb. de 2019

11 de FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia". Foi unha xornada moi especial. Estivemos conversando sobre Ciencia e tamén levamos en préstamo os libros da exposición do corredor.

A enxeñeira química Teresa Valdés-Solís publicou na plataforma Naukas o artigo La Tabla Periódica de las Científicas, no cal propoñía unha tabla periódica especial con nomes de científicas.

Durante a Hora de Ler tivemos unha presentación  para coñecer a científicas de diferentes campos, xa que estamos rodeados de CIENCIA.

Noraboa porque puidemos comprobar que coñecedes a moitas científicas! 





10 de feb. de 2019

ROSALÍA PEQUENIÑA

 Acércase o día de Rosalía de Castro ( 24  febreiro),  e a ela queremos adicarlle a audición de esta semana.
 'Rosalía pequeniña' é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.

 DISFRUTADE COA MÚSICA¡¡¡