Esta semana escoitaremos a canción de John Lennon, escrita en 1969 ,"Give peace a chance".
Un canto pacifista co que reiteramos o noso rexeitamento á guerra.
NON Á GUERRA . STOP WAR
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
Esta semana escoitaremos a canción de John Lennon, escrita en 1969 ,"Give peace a chance".
Un canto pacifista co que reiteramos o noso rexeitamento á guerra.
NON Á GUERRA . STOP WAR
O próximo martes 15 de marzo compartiremos as nosas impresións arredor do libro "Deixádenos remar" coa súa autora.
Esperámosvos!
Esta Semana da Prensa, con xornais tanto en formato papel como en dixital, o que máis chamou a atención do noso alumnado foron as noticias referidas á situación que se está a vivir en Ucraína.
INVASIÓN- GUERRA- BOMBAS- DESTRUCIÓN- UCRAÍNA- RUSÍA- PAZ- REFUXIADOS- SOLIDARIEDADE... palabras que adquiriron unha nova dimensión, un novo significado.
No blog de Infantil tamén podes ver máis sobre a Semana da Prensa:
Ao longo destas semanas estivos traballando nos diferentes niveis arredor de
AS MULLERES DA NOSA VIDA, mulleres especiais que nos acompañan sempre.
Visita o blog de Infantil para coñecer a máis mulleres únicas e marabillosas:
http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com/2022/03/8-de-marzo-o-meu-exemplo-de-muller.html
Para conmemorar o Día Internacional da Muller estivo con nós o grupo de Beluso "A Quinta Ferreña". Grupo de pandeireteiras que no seu inicio estaba integrado soamente por mulleres, que busca a integración de todas as persoas.
As pandeireteiras son agrupacións musicais que empregan as pandeiretas como acompañamento principal para cantar e bailar.
Mulleres anónimas, poetas, algunhas sen saber ler nin escribir, que manteñen viva a tradición oral.
A igualdade de xénero non é un problema das mulleres é un camiño.
Nunca é demasiado tarde.
Esta semana celebramos o "Día Internacional da Muller", un día para loitar pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.
A audición semanal será "Que no, que no" da cantante Rozalén.
O xoves 3 e o venres 4 estivemos Creando con... Pablo Refojos Leal.
Pablo naceu en Bueu. É escritor e entrenador de fútbol.
Ten publicada unha novela titulada "Los gatos de los dioses" escrita durante o seu confinamento en China e publicada no ano 2020.
Compartiu con nós un Obradoiro de escritura para 4º, 5º e 6º de Primaria.
Estade atentos e atentas proximamente publicaremos as vosas creacións!
Mil grazas Pablo por compartir con nós o teu gran amor polas palabras e o teu tempo!
A Biblioteca Escolar ten a PALABRA!